Agra Norte conseguiu recentemente a licenza de segregación para formar as 3 parcelas que podedes ver na foto, situadas en Bando – San Marcos – Santiago de C.

Recoñecemento de lindes, levantamento topográfico do perímetro da finca matriz e das construcións existentes, deseño da división da finca nas parcelas resultantes, atendendo aos parámetros urbanísticos mínimos exixidos, redacción do proxecto de segregación e tramitación (e seguimento) da solicitude de segregación ante o concello de Santiago de Compostela